Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

O TOMBO DE SAMOS

€30,00
ISBN 9788409754823

Un tombo documental é un códice ou cartulario (como se lle coñece na zona catalano-aragonesa e navarro-oriental) ou libro becerro (Castela, A Rioxa e zona navarro-occidental), en definitiva, un libro de gran tamaño realizado en pergamiño no que unha institución relixiosa (mosteiro ou catedral) rexistraba as súas pertenzas, privilexios e demais documentos importantes. Era por tanto un exemplar moi valioso para a comunidade dado que servía para compilar e servir de salvagarda da información xurídica, patrimonial e administrativa máis esencial, ofrecendo un acceso rápido aos documentos no caso da perda dos orixinais.

O Tombo de Samos (tamén coñecido como Libro Becerro) é un códice medieval de gran valor histórico que recolle a documentación administrativa, xurídica e de propiedade do Mosteiro de San Xulián de Samos. 
É unha reliquia do século XIII, un códice que inclúe documentos relativos á vinculación das terras que hoxe conforman o Concello de Samos con distintos monarcas galegos, e como as súas posesións chegan a distintas áreas do territorio galego.
Orixinariamente en latín, foi traducida ao galego por Xaime Félix Arias. Isto deu como resultado esta obra cuxa edición, tratada como prioritaria debido á relevancia do documento, vén de ver a luz da man da editorial Canela.

As neves de xaneiro do ano 1746 forzaron a frei Martín Sarmiento a ler de verbo ad verbum o Libro Becerro de Samos coas súas 249 escrituras, anteriores ao século XIII, referidas ao mosteiro de San Xulián s Santa Basilisa e ás numerosas institucións monásticas que, ao seu abeiro, floreceron nas terras de entre Neira e Sil e noutras partes de Galicia e o Bierzo que gozaron da portección real.
O coñecemento do Tombo de Samos permitiu que o eximio bieito dese a coñecer a orixe do nome e Casa de San Xulián de Samos, o descubrimento da célebre lápida de Ermefredo e o número dos mosteiros que xiraron darredor de Samos e dos seus abades até o século XIII.

Datos clave do documento
  • Orixe: Foi compilado no primeiro cuarto do século XIII por un amanuense do mosteiro.
  • Contido: Reúne unhas 249 escrituras e pergamiños, O autor foi un único amanuense (excepto nos documentos nº 246 e 249) e está escrito en carolina avanzada con tendencia a fracturas propias da letra gótica inicial. que abarcan un período dende o ano 785 ata o 1209.
  • Documentación: Inclúe privilexios reais de monarcas de Asturias (como Afonso II o Casto ou Ramiro I), bulas papais, doazóns e inventarios.
  • Importancia xeográfica: Permite rastrexar a influencia do mosteiro dende o río Neira ata o Sil, chegando a zonas do Bierzo. 
Historia e recuperación accidental
O documento estivo a piques de perderse para sempre. Durante a Desamortización de Mendizábal en 1836, o Tombo desapareceu do mosteiro.
Décadas máis tarde, foi recuperado de maneira fortuíta. Non se soubo nada do seu paradoiro ata o ano 1984, cando o Departamento de Historia Medieval da Facultade de Xeografía e Historia da USC recibiu a visita dun particular para solicitar un revisión experta do libro manuscrito que tiña no seu poder. Tras a análise realizada, constatouse que se trataba do Tombo desaparecido de Samos pasando a ser custodiado desde ese momento polo arquivo universitario.

   ____

Editorial: Libros Canela 1-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 600
HISTORIA
ANTROPOLOXÍA