Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra.
O Principiño (en francés: Le Petit Prince) é unha novela, a obra máis famosa do aristócrata, escritor, poeta e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, publicada por primeira vez en abril de 1943. A novela foi votada como o mellor libro do século XX en Francia. Traducida a 300 linguas e dialectos, vendendo preto de dous millóns de copias anualmente, e con máis de 140 millóns de copias vendidas en todo o mundo, converteuse nun dos libros máis vendidos e máis traducidos xamais publicados.
Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio.
A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.
Editorial: Galaxia 04-2008
Idioma: Galego
Páxinas: 132
INFANTIL/XUVENIL
____