LIBRO + CD
O MÉTODO DE TAMBOR GALEGO pretende asentar as bases deste instrumento, comezando polos conceptos máis básicos (postura corporal, agarre, golpeo…) ata outros máis avanzados (acentos, redobre, mordentes…), e, deste xeito, sistematizar unha técnica propia e idónea desde calquera punto de vista: técnico, musical e histórico.
Este traballo, de máis de cen páxinas, segue a estrutura dos catro bloques principais (O tambor galego, Sistema de notación, Técnica e Padróns rítmicos) empregada polo autor ao longo de moitos anos, tanto nas súas aulas regulares como nos talleres e master classes, e posteriormente imitada por diferentes percusionistas do país no seu labor docente.
Nun primeiro bloque móstranos a orixe e evolución dos diferentes tambores presentes na nosa tradición, así como os seus principais características e o seu funcionamento mecánico. No seguinte bloque preséntanos un sistema de notación propio para o tambor galego, desenvolto a partir do sistema monolineal creado polo Dr. Fritz Berger. No terceiro céntrase na técnica propiamente dita, traballando diferentes conceptos, como o agarre, o golpeo ou o redobre, con case cen exemplos prácticos. No último bloque móstrannos preto de trescentos padróns dos principais ritmos da música tradicional galega e o arranxo para tambor de catro obras para gaita.
Este método vén apoiado por numerosas fotografías e un CD con máis de cen cortes de audio con gran parte dos exercicios e padróns rítmicos vistos anteriormente, así como coas catro obras para gaita, con e sen percusión. Nestas catro obras colaboran os músicos Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Óscar Ibáñez, Álvaro Novegil, Iván Costa, José Manuel López e Cristian Silva.
El MÉTODO DE TAMBOR GALEGO pretende asentar las bases de este instrumento, comenzando por los conceptos más básicos (postura corporal, agarre, golpeo…) hasta otros más avanzados (acentos, redoble, mordientes…), y, de este modo, sistematizar una técnica propia e idónea desde cualquier punto de vista: técnico, musical y histórico.
Este trabajo, de más de cien páginas, sigue la estructura de los cuatro bloques principales (El tambor gallego, Sistema de notación, Técnica y Padrones rítmicos) empleada por el autor a lo largo de muchos años, tanto en sus aulas regulares como en los talleres y master classes, y posteriormente imitada por diferentes percusionistas del país en su labor docente.
En un primero bloque los muestran el origen y evolución de los diferentes tambores presentes en nuestra tradición, así como sus principales características y su funcionamiento mecánico. En el siguiente bloque los presentan un sistema de notación propio para el tambor gallego, desarrollado a partir del sistema monolineal creado por el Dr. Fritz Berger. En el tercero se centra en la técnica propiamente dicha, trabajando diferentes conceptos, como el agarre, el golpeo o el redoble, con casi cien ejemplos prácticos. En el último bloque nos muestran cerca de trescientos padrones de los principales ritmos de la música tradicional gallega y el arreglo para tambor de cuatro obras para gaita.
Este método viene apoyado por numerosas fotografías y un CD con más de cien cortes de audio con gran parte de los ejercicios y padrones rítmicos vistos anteriormente, así como con las cuatro obras para gaita, con y sin percusión. En estas cuatro obras colaboran los músicos Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Oscar Ibáñez, Álvaro Novegil, Iván Costa, José Manuel López y Cristian Silva.
Andrés Vilán
Pistas 1-32:
Andrés Vilán: Tambor
Pistas 33 e 34:
Edelmiro Fernández: Gaita en dó
Pablo Dalama: Gaita en dó
Andrés Vilán: Tambor e bombo (33)
Pistas 35 e 36:
Álvaro Novegil: Gaita en dó# Oscar Ibáñez: Gaita en dó#
Andrés Vilán: Tambor e bombo (35)
Pistas 37 e 38:
Iván Costa: Gaita en dó
José Manuel López: Clarinete
Andrés Vilán: Caixa e bombo (37)
Pistas 39 e 40:
Cristian Silva: Gaita tombal
Andrés Vilán: Tambor e bombo (39)
Gravado por Rafa Darrosa
Mesturado e masterizado por Caco Refojo
_____
*Ur.: 1