
Exposición antolóxica do pintor José Benito Otero Baena (1925-2017), composta por arredor de 40 óleos e debuxos procedentes do Museo Massó e de coleccións particulares, datadas entre 1949 e 2016. Nelas pódese apreciar como o artista foi desenvolvendo un estilo persoal e unha linguaxe propia, baseada na importancia da cor.
Co gallo desta exposición, o Museo de Pontevedra editou un catálogo con textos da comisaria da mostra, Beatriz de San Ildefonso e de Aruro Cidrás e Xaime Toxo, entre outros.
O catálogo amosa imaxes e información das obras exhibidas.
_____
Editorial: Museo de Pontevedra 2025
Idioma: Galego/Español
Encuadernación: Capa blanda