Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR ORAL. BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA 386/2025

por AA.VV.
€20,00
ISBN

O número do Boletín da Real Academia Galega que presentamos ofrece un mostrario significativo da actividade intelectual da nosa institución ao longo do ano 2025. Como é de habitual, comeza coas achegas ao simposio anual arredor da figura do Día das Letras Galegas, que nesta ocasión puxo o seu foco no cantigueiro popular galego, e continúa coas alocucións pronunciadas no acto central desta celebración, que tivo lugar en Malpica de Bergantiños. Seguen catro bloques de estudos. O primeiro bloque recolle os contributos realizados nas xornadas sobre A invención da tradición, organizadas pola Sección de Historia, que se celebraron en Lugo e en Vigo. O segundo ofrece os traballos presentados na xornada Achegas xurídicas a cuestións ambientais, organizada polo Grupo de traballo Pensamento e ensaio da Sección de Literatura, que tivo lugar na Coruña. O terceiro reúne as intervencións proferidas na homenaxe ao escritor Paco Martín, celebrada en Lugo, no marco dos encontros sobre Voces da narrativa que promove a Sección de Literatura. Finalmente, no último bloque ofrécense a disertación pronunciada na xornada Momentos da cultura galega, dedicada a Castelao, que se desenvolveu no Museo de Pontevedra, e un estudo relacionado coa publicación de Rimas populares gallegas de Manuel Murguía.


Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas
Ao ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas
Xulia Feixoo
11 - 26
Letra en música: o cancioneiro popular galego
Sergio de la Ossa
27 - 52
A regueifa e os cambios sociais
Domingo Blanco
53 - 66
Os avatares de nove melodías tradicionais
Manuel Rico Verea
67 - 78
A poesía popular: balance do ano e perspectivas de futuro. Argumentos para un coloquio
Richi Casás
79 - 97
Cantareiras: a exposición da transmisión
Isabel Vigo Rodríguez
99 - 108
O que de lonxe aprendín teño mandado de dar!
Xabier Díaz
109 - 114
Alocucións académicas no Día das Letras Galegas
Poesía popular oral: tradición e futuro das letras galegas
Ana Isabel Boullón Agrelo
117 - 125
Memorias dun amador da música popular sobre o cantigueiro galego
Antón Santamarina
127 - 143
Substancia poética e relevancia artística no cancioneiro da tradición oral: discurso académico en defensa e ilustración da musa popular galega
Xesús Alonso Montero
145 - 154
Palabras para o final do acto do Día das Letras Galegas
Henrique Monteagudo
155 - 159
A invención da tradición
Mais aló dunha festa. Patrimonio, identidade e cohesión social a través do Arde Lucus
José Carlos Sánchez Pardo
163 - 172
A Festa da Istoria de Ribadavia
Anselmo López Carreira
173 - 179
A reconquista de Vigo: a adaptación secular dunha tradición
Luís Domínguez Castro
181 - 201
Cando cambiamos de avós. A romería vikinga nas Torres de Oeste (Catoira) como representación do pasado
Manuel Gago Mariño
203 - 226
Achegas xurídicas a cuestións ambientais
A paisaxe como categoría xurídica e a súa protección
Consuelo Castro Rey
229 - 240
A protección ambiental na encrucillada global
Alba Nogueira López
241 - 246
A responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos na costa galega
Luís Villares Naveira
247 - 284
A economía circular e o dereito a reparar: unha visión crítica dos novos paradigmas do dereito ambiental europeo
Beltrán Puentes Cociña
285 - 298
Voces da narrativa
Isabel Soto en conversa con Paco Martín
Isabel Soto, Paco Martín
301 - 319
De cando o señor Lamote argallou un escritor chamado Paco Martín
Lois Pérez
321 - 328
Os libros que nos unen. Laudatio a Paco Martín
Alejandro Tobar Salazar
329 - 334
Grazas en nome do señor Lamote
Paco Martín
335 - 336
Traballos de investigación e estudo
As cruces de pedra na Galiza: o cumio do Castelao investigador no exilio
M.ª de los Ángeles Tilve Jar
339 - 374
Cantares de Rosalía e Rimas de Murguía: vidas paralelas
Diego Rodríguez González
375 - 388
Vida oficial
Vida oficial da RAG
Real Academia Galega

____
Editorial: RAG 06-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 430
HISTORIA
CANRAREIRAS
MÚSICA POPULAR
FESTAS DA ISTORIA