Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

A CASA DO AMO

€18,00
ISBN 9788410255340

Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega.

Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas para deitar unha ollada crítica a diversos textos que nos interpelarn para transformar así os alicerces da casa de xeito que todas as persoas teñamos acubillo nela. «A casa do amo não é uma leitura necessária: devera ser obrigada e essencial para qualquer das que fazemos parte da literatura galega» Susana Sánchez Aríns, A Sega, Plataforma de Crítica Literaria Feminista «unha panorámica rica, evocadora e rigorosa das teorías poscoloniais e decoloniais aplicadas ao contexto literario galego, presentada de maneira accesible para persoas non especialistas». Catherine Barbour, Revista huellas

____

Editorial: POL LEN  04 2026
Idioma: Galego
Páxinas: 
ENSAIO