SOPA DE LETRAS EN GALEGO DE 7 A 8 ANOS
Pasatempos para todas as idades.
Cada libro está pensado para entreter e educar, adaptándose a diferentes idades e intereses.
Imaxina momentos de diversión sen fin para os máis pequenos, cunha experiencia que mellora a súa capacidade de concentración, lóxica e creatividade.
Cada libro é unha ferramenta educativa que fomenta o uso do galego dun xeito natural e entretido, perfecto para acompañar as estacións do ano ou festividades especiais.
Libros completos para:
- Reforzar a aprendizaxe escolar: mellorando a ortografía e gramática en galego.
- Estimular o seu cerebro: facer unha sopa de letras require que os nenos identifiquen patróns e asociacións entre letras.
- Impulsar a concentración: para buscar nunha sopa de letras hai que concentrarse, os peques melloran así a atención ós detalles e a súa capacidade de concentración.
- Mellora da autoestima: cada nova palabra descuberta é unha pequena victoria para os descubridores de palabras.
- Diversión sen pantallas: sopas, colorear, unir puntos, labirintos…
- Un tamaño adecuado para rapaces: letra grande e tamaño aproximado dun folio A4 (21.5x28cm)
- Máxima calidade 100% galega.
Un caderno para xogar, pensar e aprender galego sen que pareza deberes.
Este libro de actividades está pensado para nenos e nenas de 7 a 8 anos que xa poden afrontar pequenos retos de maneira autónoma e para familias que buscan unha alternativa divertida e sen pantallas.
Ao longo do caderno alternan diferentes tipos de actividades para evitar a monotonía: sopas de letras, labirintos, xogos de lóxica, secuencias, reconto, sumas, vocabulario, asociación e actividades para colorear.
As propostas avanzan en 3 niveis de dificultade, con retos que aumentan progresivamente a medida que avanzan polo libro.
Dentro atoparán:
-
74 pasatempos e actividades adaptados aos 7 e 8 anos.
-
Máis de 500 palabras en galego.
-
Sopas de letras con vocabulario de múltiples temáticas.
-
Labirintos e pequenos retos de lóxica.
-
Actividades de números, reconto e secuencias.
-
Xogos de vocabulario, observación e asociación.
-
Páxinas para colorear e cambiar o ritmo entre retos.
-
3 niveis de dificultade progresiva.
-
Certificados para celebrar cada nivel completado.
-
Solucións para comprobar os resultados.
Mentres xogan, practican vocabulario galego, lectura, atención, observación, lóxica e cálculo sinxelo dunha maneira natural.
O formato grande A4, a letra clara e as instrucións breves permiten utilizar o caderno con bastante autonomía: abrir, coller un lapis e comezar o seguinte reto.
As actividades percorren temas próximos como animais, natureza, mar, números, alimentos, corpo humano e vida cotiá, incorporando tamén datos curiosos e referencias en galego.
Ideal para tardes na casa, vacacións, viaxes, momentos de espera ou para ter sempre á man unha alternativa de ocio sen pantallas.
Creado en Galicia para aprender, pensar e divertirse en galego.
Non precisa pilas, batería nin wifi. Só un lapis e ganas de xogar.
____
Editorial: PIDO PAPAS 04-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 90
INFANTIL: DE 7 A 8 AÑOS
PASATENPOS PARA NENOS E NENAS