Pasatempos para todas as idades.
Cada libro está pensado para entreter e educar, adaptándose a diferentes idades e intereses.
Imaxina momentos de diversión sen fin para os máis pequenos, cunha experiencia que mellora a súa capacidade de concentración, lóxica e creatividade.
Cada libro é unha ferramenta educativa que fomenta o uso do galego dun xeito natural e entretido, perfecto para acompañar as estacións do ano ou festividades especiais.
Libros completos para:
- Reforzar a aprendizaxe escolar: mellorando a ortografía e gramática en galego.
- Estimular o seu cerebro: facer unha sopa de letras require que os nenos identifiquen patróns e asociacións entre letras.
- Impulsar a concentración: para buscar nunha sopa de letras hai que concentrarse, os peques melloran así a atención ós detalles e a súa capacidade de concentración.
- Mellora da autoestima: cada nova palabra descuberta é unha pequena victoria para os descubridores de palabras.
- Diversión sen pantallas: sopas, colorear, unir puntos, labirintos…
- Un tamaño adecuado para rapaces: letra grande e tamaño aproximado dun folio A4 (21.5x28cm)
- Máxima calidade 100% galega.
Aprender galego pode ser un xogo.
Este caderno de actividades está pensado para nenos e nenas de 4 a 6 anos, cunha combinación de xogos curtos, visuais e variados para descubrir palabras, observar, contar, relacionar e resolver pequenos retos en galego.
As actividades están adaptadas aos máis pequenos, con letra grande, instrucións breves e propostas que cambian de formato para evitar que o caderno resulte repetitivo.
Dentro atoparán:
-
75 pasatempos e actividades adaptados de 4 a 6 anos.
-
Máis de 400 palabras en galego.
-
Sopas de letras sinxelas con vocabulario próximo.
-
Labirintos e pequenos retos de observación.
-
Actividades para contar, unir e asociar.
-
Xogos de vocabulario e recoñecemento de palabras.
-
Propostas para colorear e pintar por números.
-
3 niveis de dificultade progresiva.
-
Certificados para marcar os niveis completados.
-
Solucións para comprobar os resultados.
Ao longo do caderno aparecen palabras e temáticas relacionadas cos animais, a natureza, os alimentos, o corpo, os números, os obxectos cotiáns e o mundo que os rodea.
Mentres xogan poden practicar vocabulario en galego, atención, observación, asociación, primeiros números e motricidade fina dunha maneira máis natural e entretida.
A dificultade aumenta pouco a pouco: as primeiras actividades son máis accesibles e, a medida que avanzan, aparecen retos que requiren algo máis de atención e autonomía.
O formato grande A4, a letra clara e o espazo para resolver permiten utilizar o caderno comodamente na casa, en vacacións, durante unha viaxe ou en momentos tranquilos.
Creado en Galicia para descubrir, xogar e aprender en galego.
Sen pantallas, sen pilas e sen complicacións. Só lapis, cores e ganas de xogar.
____
Editorial: PIDO PAPAS 04-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 90
INFANTIL: DE 4 A 6 AÑOS
PASATEMPOS PARA NENOS E NENAS