Pasatempos para todas as idades.
Cada libro está pensado para entreter e educar, adaptándose a diferentes idades e intereses.
Imaxina momentos de diversión sen fin para os máis pequenos, cunha experiencia que mellora a súa capacidade de concentración, lóxica e creatividade.
Cada libro é unha ferramenta educativa que fomenta o uso do galego dun xeito natural e entretido, perfecto para acompañar as estacións do ano ou festividades especiais.
Libros completos para:
- Reforzar a aprendizaxe escolar: mellorando a ortografía e gramática en galego.
- Estimular o seu cerebro: facer unha sopa de letras require que os nenos identifiquen patróns e asociacións entre letras.
- Impulsar a concentración: para buscar nunha sopa de letras hai que concentrarse, os peques melloran así a atención ós detalles e a súa capacidade de concentración.
- Mellora da autoestima: cada nova palabra descuberta é unha pequena victoria para os descubridores de palabras.
- Diversión sen pantallas: sopas, colorear, unir puntos, labirintos…
- Un tamaño adecuado para rapaces: letra grande e tamaño aproximado dun folio A4 (21.5x28cm)
- Máxima calidade 100% galega.
Un caderno para xogar, pensar e aprender galego sen que pareza deberes.
Hai libros de actividades que acaban resultando repetitivos despois de poucas páxinas. Este caderno está deseñado para manter a curiosidade, alternando diferentes tipos de retos para que sempre haxa algo novo por descubrir.
Pensado especialmente para nenos e nenas a partir de 9 anos, combina sopas de letras, labirintos, sudokus, enigmas, códigos secretos, xogos de observación, actividades para unir, contar, colorear e resolver pequenos desafíos.
As actividades están organizadas con dificultade progresiva. Ao principio atoparán retos máis sinxelos e, a medida que avancen, aparecerán sopas máis grandes, palabras en diagonal e en diferentes sentidos, sudokus máis complexos e xogos que esixen maior atención e razoamento.
Dentro do caderno atoparán:
- Máis de 75 pasatempos e actividades variadas.
- Máis de 500 palabras en galego.
- Sopas de letras organizadas por decenas de temáticas.
- Labirintos, sudokus, códigos secretos e enigmas.
- Xogos de diferenzas, observación, asociación e reconto.
- Páxinas para colorear e descansar entre retos.
- Tres niveis de dificultade progresiva.
- Certificados para celebrar cada nivel completado.
- Solucións incluídas para comprobar os resultados.
- Acceso a un bonus secreto con novas sopas de letras en galego.
Mentres xogan, tamén:
- amplían o seu vocabulario en galego;
- melloran a lectura e a ortografía;
- traballan a concentración, a memoria e a atención;
- practican a lóxica, a paciencia e o razoamento;
- gañan autonomía resolvendo actividades pola súa conta.
O formato grande, a letra clara e as instrucións sinxelas permiten abrir o libro, coller un lapis e empezar sen necesidade de longas explicacións.
Ademais, as actividades inclúen vocabulario próximo e referencias relacionadas coa natureza, os animais, o mar, os deportes, as festas, a gastronomía e a cultura galega. Porque aprender unha lingua tamén significa utilizala para falar do mundo que temos arredor.
É unha boa opción para as vacacións, as viaxes, as tardes de chuvia, os momentos de espera ou para ter sempre á man unha alternativa de ocio sen pantallas.
Aínda que está pensado especialmente para nenos e nenas a partir de 9 anos, moitos dos seus pasatempos tamén poden resultar entretidos para adolescentes, persoas adultas e familias que queiran xogar e compartir tempo en galego.
Creado en Galicia para aprender, pensar e divertirse en galego.
Non precisa pilas, batería nin wifi. Só un lapis e ganas de aceptar o seguinte reto.
____
Editorial: PIDO PAPAS 04-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 90
INFANTIL: DE +8 AÑOS
PASATEmPOS PARA NENOS E NENAS