Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS CASEIROS DE DON FELICIANO

€14,90
ISBN 9791388061400
Os caseiros de don Feliciano é unha novela histótica.
Sinopse e argumento
A historia arranca no ano 1940, xusto despois de rematar a guerra civil española, nun contexto onde Galicia e o resto do país sofren as secuelas do conflito: fame, persecucións e destrución. 
  • A procura de futuro: Os protagonistas, Paula e Anxo, acaban de casar e vense na obriga de viaxar polo mundo adiante á procura dunha facenda e dun amo para poder subsistir.
  • O casarío e os nazis: Atopan acomodo nunha leira onde exercen como caseiros durante pouco máis dun ano. A aldea na que se asentan resulta ser un perigoso lugar de paso, marcado pola presenza de maquis fuxidos, axustes de contas ás familias dos "roxos" e incluso o tránsito de nazis. 
  • Traxedia e emigración: A desgraza golpea á parella cando Paula dá a luz e morre no parto. A filla de ambos queda a coidado dos avós mentres que Anxo, sumido na tristura e sen recursos, decide emigrar a Cuba.
  • O retorno: En Cuba, Anxo refai a súa vida, casa con Berta e teñen dous fillos. Anos máis tarde, a familia decide retornar a Galicia e mercar a mesma facenda na que Anxo e Paula traballaran como caseiros. Aínda que logran erguer un negocio próspero, a fatalidade volverá petar á súa porta.

____

Editorial: Medulia  07-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 154
NOVELA HISTÓRICA