Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EN MAN COMÚN

por AA. VV.
€18,00
ISBN 9788410255395

Os montes veciñais e a autoxestión colectiva dun ben común.
Os montes veciñais en man común (MVMC) son unha das formas de propiedade comunal máis senlleiras e activas de Europa, moi arraigada na identidade de Galicia. Representan o exemplo vivo de como as comunidades rurais poden xestionar o territorio sen depender do Estado nin da propiedade privada tradicional.
En Galicia existen máis de 3.000 comunidades de montes veciñais en man común, que ocupan a cuarta parte do territorio galego, que logo se di. Trátase dun dos exemplos actuais dos bens comúns cun gran número de comunidades en activo e, no entanto, segue a ser algo pouco co?ecido, especialmente no que respecta ás singularidades que o diferencian doutros casos de bens comunais.
As experiencias das comunidades de montes veci?ais en man común que aqu¡ se comparten son inspiración para repensar e reclamar outras formas de propiedade, de xestión comunitaria, de democracia directa e popular, e para a activación e renovación do rural, algo que resulta absolutamente necesario no contexto actual de emerxencia social e climática.
O que son os montes veciñais
A definición e as características principais son:

  • Propiedade comunitaria: A titularidade pertence á comunidade de veciños de cada parroquia ou lugar.
  • Propiedade xermánica: Non existen cotas individuais; a terra pertence ao grupo de forma colectiva.
  • Vencello coa residencia: Esíxese ter casa aberta e botar fume (vivir alí) para ser comuneiro.
  • Dereito persoal: O dereito á terra non se merca nin se vende, adquírese ao residir na aldea.
  • Territorio indivisible: A lei impide fragmentar, vender ou embargar este tipo de montes. 
A autoxestión colectiva 
A gobernanza lévase a cabo de xeito democrático polas propias comunidades:
  • Asembleas xerais: Os comuneiros deciden as políticas de uso e xestión por maioría.
  • Xuntas reitoras: Órganos elixidos de forma democrática para executar os acordos aprobados.
  • Reinversión obrigatoria: A lei esixe investir gran parte dos beneficios na mellora do propio monte.
  • Planificación propia: A comunidade decide o tipo de explotación (forestal, gandeira ou de lecer).
O monte como ben común hoxe en día
As funcións destes espazos cambiaron para adaptarse á actualidade:
  • Produción forestal: Xeran ingresos mediante a venda sostible de madeira e biomasa.
  • Diverxencia económica: Permiten actividades como a micoloxía, o pastoreo ou a apicultura.
  • Transición enerxética: Acollida de parques eólicos que deixan beneficios directos no rural.
  • Custodia do territorio: Prevención de incendios forestais grazas á limpeza e o coidado activo.
  • Uso social e ambiental: Creación de rutas de sendeirismo, parques e conservación de espazos naturais.

ÍNDICE
NOTA EDITORIAL
OS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
Outra forma de posuír que existe en Galicia
Xosé Alfredo Pereira Martínez
QUE É O MONTE?
Como nos vencellamos hoxe en día ao monte e cara a onde camiñar 31
Arsenio Pérez Alonso
AS MULLERES COMUNEIRAS NOS MONTES VECIÑAIS
Eva Pereira Iglesias
COMO REPERCUTE A NIVEL SOCIAL UN MONTE BEN XESTIONADO
Rafael Quintía Pereira
O MONTE COMO RECURSO ECONÓMICO: OPORTUNIDADES E AMEAZAS _ 77
Ovidio Queiruga González
NÓS SOMOS PARTE DO BOSQUE
Breve historia da Comunidade de Montes de Teis
Manuel Lopes Rodrigues
COMO ARTELLAR O EIXE ECONÓMICO CO SOCIAL E CO AMBIENTAL?
Reflexións dende a experiencia da Comunidade de Montes de vincios
Alberto Covelo Casal
AS COMUNIDADES ENERXÉTICAS E O MONTE VECINAL EN MAN COMÓN TE
Gonzalo Pérez Vazquez, Bruno Dutto Acuña e Antonio Cajide Serrano
BOSQUES COMESTIBLES
Unha experiencia para rexenerar o territorio e a vida
Xavier Gacías Pedróns
A EXPERIENCIA DO MONTE VECIÑAL DE COUSO
Xosé Antón Araúxo Rodríguez
EPILOGO
Debuxar un monte
Claudia Delso Carreira
____

Editorial: POL LEN  05-2026
Idioma: Galego
Páxinas:196
NATUREZA
MEDIO AMBIENTE
XESTIÓN DO MONTE