Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A BARALLA DA ISTORIA

€25,00
ISBN 9788409898732
  A Baralla da Istoria é unha das grandes novidades culturais creadas para a Festa da Istoria de Ribadavia.
Deseñada polo artista Xoán González, destaca por ser a primeira baralla do mundo con 7 paus e un total de 100 cartas. 

Os seus aspectos máis salientables son:
  • Inspiración medieval e máxica: Trátase dun mazo de naipes de coleccionista cuxa iconografía e deseño están inspirados directamente na historia, personaxes e na maxia que rodean á famosa celebración medieval de Ribadavia. 
  • Fin solidario coa festa: O proxecto foi doado integramente polo seu autor, Xoán González, co obxectivo de que todos os beneficios obtidos pola súa venda vaian destinados a financiar e apoiar a organización da Festa da Istoria. 

Xogo de Naipes que nace do espírito integrador da Festa da Istoria.
Os deseños están realizados a acuarela e, lonxe de ser arcaizantes, teñen unha estrutura xeométrica moi evidente. Toman como referencia as primeiras barallas tipo estampa, con figuras ao xeito das hispanonapolitanas, non reversíbeis. Ten sete paus, catorce cartas por pau e dous comodíns; en total, cen cartas.

Esta Baralla da Istoria recolle elementos medievais tanto da nosa cultura como de fontes alleas. Malia isto, non quixéramos que se interpretase como unha recuperación histórica senón como unha obra de autor. Podedes atopar incoherencias, naturalmente, pero están feitas a mantenta. Descoiden vosas mercés se ao facelo ferimos algunha sensibilidade.

Sete Paus e Catro Figuras
Dende as súas orixes orientais, os naipes baséanse nunha visión simplificadora da sociedade, como se estivese formada por só catro castes. Nós vemos esta división cativa e enganosa. Hai grupos de persoas que só as poderiamos encaixar nesas castes de xeito artificioso: artistas, científicos, médicos, arquitectos, artesáns, escritores, a xente do mar enteiro... a que castes pertencían?
Poderiamos concibir as culturas de calquera tempo e lugar se prescindísemos do quefacer cotián deles? Esa e non outra é a razón de que a nosa creación estea composta por sete paus. Eis as persoas que cada un deles representa:
• Ouros: As adiñeiradas... (era sabido).
• Copas: Ao clero... (tamén coñecido).
• Espadas: As militares... (moi evidente tamén).
• Barcos: As navegantes e transportistas en xeral... (ignoradas).
• Bastos: As campesiñas... (moi obvio así mesmo).
• Libros: As eruditas, científicas, mestras... (ignoradas incomprensibelmente).
• Máscaras: A toda xente da arte (ignorada, sen escusas).
Outra particularidade desta baralla é que ten catro figuras e non tres como teñen a española e mais a inglesa: Sota, Cabalo, Raíña e Rei.

Nos séculos XIII e XIV as barallas española e italiana occidentalizaron as figuras dos reis, vicerreis e vicerreis segundos das cartas mamelucas e así crearon as sotas, cabalos e reis. Parece ser que foi o tarot quen lle sumou máis tarde ás raíñas. A francesa, xa no século XV, escolleu as raíñas e rexeitou os cabalos. Nós preferimos optar polas catro figuras ao parecernos máis igualitaria.

Catro Cores 
Todas as nosas cartas teñen na esquina superior esquerda un remate ornamental co símbolo do pau e uns distintivos de orde (letras ou números). As súas cores son:
• Rubí, para ouros e copas.
• Zafiro, para espadas e barcos.
• Esmeralda, para bastos e libros.
• Ouro, para máscaras.
Esta división cromática é tamén a predominante nas ilustracións das figuras e serve para xogadas de emparellamento por cores, coma nos solitarios por exemplo. O ouro das máscaras pode usarse como cor comodín que combina con calquera das outras tres.

Cartas Numéricas e Cartas Literais

Malia que o aspecto xeral da baralla é de estilo hispano-napolitano, a numeración segue o estilo inglés. Así, hai cartas numéricas e literais: as numéricas van do 2 ao 10, ambos os dous incluídos, repetindo as imaxes do pau tantas veces como indica o número; as literais corresponden ao ás e mais ás figuras, están marcadas con letras: o ás, cun A; a sota, cun S; o cabalo, cun C; a raíña, cun (erre con til); e o rei, cun R.
As figuras amósanse interactuando con cadanseu símbolo do pau: unhas terman del, outras manéxano e outras amósano, agás o cabalo de libros, que simplemente o acompaña.

____

Editorial: Coordinadora  08-2026
Idioma: Galego
Cartas: 100
Páxinas: 48
HISTORIA
FESTA DA ISTORIA
RIBADAVIA