Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR

€14,00
ISBN 9788484874409
Nuredin o taxista e Amedine o pintor. Crónicas e figuracións dun transmundo colonial é un libro de ensaio político e crónica de viaxes escrito por Xosé Manuel Beiras Torrado, publicado  no ano 2019. 
A diferenza doutros ensaios de Beiras puramente teóricos ou centrados en exclusiva na realidade galega, esta obra nace dunha viaxe internacional e adopta un ton máis narrativo e humano.
Claves do libro
  • Orixe do texto: Trátase dunha recompilación de artigos escritos orixinalmente no ano 2009. Foron redactados ao fío das sesións anuais do Consello Internacional do Foro Social Mundial que tiveron lugar en Rabat (Marrocos). 
  • Os protagonistas: A través das figuras reais de Nuredin (un taxista local que o transporta nun vello Mercedes) e de Amedine (un pintor), Beiras debulla o factor humano e as historias de vida da xente común nun entorno norteafricano. A crítica postcolonial: O subtítulo xa o indica: "Crónicas e figuracións dun transmundo colonial". Beiras utiliza a súa experiencia en Marrocos para reflexionar sobre a pegada do colonialismo, a globalización capitalista, a desigualdade económica e as relacións de subordinación que sofren os pobos do chamado "Terceiro Mundo" ou a periferia global.
  • Estilo: Combina a crónica de viaxe descritiva e literaria coa análise político-económica aguda que caracteriza o pensamento altermundista de Beiras.

Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada, cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelo case ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapucha para ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel, menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríume baixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estrada da beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade a aquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botou un sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedes grandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencido –ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchas curtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobre lugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentos que viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesa máis recente, inda onte coma quen di. “Fomos un país ocupado, e nótasenos aínda hoxe” –dixo de sócato nunha desas, como sen querer, e botoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexo da miña reacción. Mal sabía el a quen estaba a dicirllo, mais mudoulle a cara a unha expresión de alivio cando viu no espello o meu divertido sorriso irreprimidamente cúmplice.
_____

Editorial: Laiovento 2019
Idioma: Galego
Páxinas: 116
ENSAIO
COLIONALISMO