Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
UNIVERSO CANTIGAS.

UNIVERSO CANTIGAS.

EDICIÓN CRÍTICA DA POESÍA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA.
A denominación convencional de poesía trobadoresca galego-portuguesa designa unha manifestación cultural que se desenvolveu ao longo de século e medio, desde o último terzo do século XII até mediados do século XIV, nos reinos occidentais peninsulares. Trátase dun fenómeno cultural que xorde e se desenvolve fundamentalmente en ámbitos señoriais e aristocráticos como divertimento desa elite social.
O proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2010-2015, agora xa integrado en UC). 
Universo Cantigas concíbese como unha empresa global que, progresivamente, colocará ao dispor do público, alén da edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa, todos os elementos pertinentes para o seu estudo.
A poesía profana.  Xéneros
As cantigas de amor.
As cantigas de amigo.
As cantigas de escarnio e maldizer.