Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

XENOCIDIO E REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA.

€12,00
ISBN 9788493661311

A violencia de retagarda en Galicia na Guerra Civil.
A Guerra Civil e a posterior represión na España franquista son un capítulo fundamental da nosa historia máis recente, postas de actualidade grazas a repercusión da lei da Memoria Histórica. Partindo do conecemento dos datos e comparando con outros casos coñecidos do século XX, como as ditaduras sudamericanas ou os totalitarismos na época de Entreguerras, o autor trata de demostrar que o concepto habitualmente empregado de represión non designa convenientemente o que sucedeu en Galicia e en España durante e despois da Guerra Civil. Pola contra, en realidade estariamos diante dun verdadeiro xenocidio, perpetrado polos vencedores da guerra, termo que sería o máis apropiado para designar a violencia desatada durante o conflito.
Ademais, o seu ocultamento e negación por parte dos vencedores constituiría un dos maiores triunfos da historiografía franquista.

Prologo

Capítulo 1. Violencia na retagarda. Galicia nos anos da Guerra Civil española...
Represión, militarismo e tradición ....
Contextualización e comparacións pertinentes
a. Contextualización .
b. Comparacións pertinentes...
c. Conclusións sobre o contexto e a comparación
O interese de estudar Galicia: unidade cronolóxica, espacial e temporal no contexto español...
Datos antes da reflexión ou reflexión antes dos datos?...
Capítulo 2. As razóns da violencia...
Lexitimidade, institucións e violencia: tres días de xullo
A innovación no repertorio: violencia e práctica xenocida..
A identificación das razóns dos perpetradores..
As lóxicas que animan a práctica xenocida.
A reconfiguración das razóns da violencia no curso da súa práctica..
Capítulo 3. O que non sucedeu nunca. As reconstrucións da historia dos feitos....
A trama narrativa dos perpetradores..
O que contan as vítimas e a memoria traumática...
O que contan os historiadores e os estudosos do tema..
Epílogo. Os ocos da represión como concepto...
Bibliografia
Fontes documentais, lexislación, outras fontes.
Documentos reproducidos

Antonio Miguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é Doutor en
Historia. Premio Extraordinario Fin de Carreira e Premio Extraordinario de Doutoramento, obtivo (ex-aequo) o "I Premio de Investigación Alexandre Bóveda" en 2008.
Investigador contratado polo "Programa Angeles Alvariño" no Dpto. de Historia Contemporánea e de América da USC, actualmente está realizando unha estadía de investigación no Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (The London School of Economics and Political Science, Londres).
Entre as súas publicacións máis recentes cabe salientar as seguintes: La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936), Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo, 2008 e "O que fixemos en Galicia". Ensaio sobre o concepto de práctica xenocida, Ourense, Difusora de Artes e Ideas, 2009.

____

Editorial: Lóstrego
Idioma: Galego
Páxinas: 172
HISTORIA 
GUEEA CIVIL E RESISTENCIA