
O porco de pé (1928) é unha das obras máis coñecidas de Vicente Risco, ademais da primeria novela galega moderna, segundo moitos críticos.
Edición anotada. Publicada en 1928. O porco de pé está considerada pola crítica como a novela que modernizou definitivamente a narrativa galega.
Aínda que o pretexto da obra é o ascenso de don Celidonio cara á cúspide da sociedade nunha Galicia caciquil, as súas páxinas son en realidae un cadro paródico amargo da época, onde o narrador dispara o torto e a dereito contra todas as ideoloxías, correntes artísticas, agrupacións políticas e estamentos sociais, para pintar unha imaxe global e esperpéntica da Galicia de comezos do século XX. Unha pintura que nos leva da risa á gatgallada en desacougo amargo. Estamos ante unha novela que reborda intelixencia e que continúa a conservar a súa actualidade, a súa vixencia e a súa frescura.
Auténtica cerimonia carnavalesca, a obra mestra de Vicente Risco é unha parodia na que se debuxa, con claridade, ironía e agudeza, unha sátira da nacente sociedade de consumo. A profesora Olivia Rodríguez González encargouse de realizar esta edición anotada, comentando particularidades da transmisión textual e aclarando o sentido do texto, especialmente no tocante ás referencias culturais que o autor manexou.
____
Editorial: Galaxia 10-2021
Idioma: Galego
Páxinas 234
NARRATIVA EN GALEGO
BIBLIOTECA VICENTE RISCO
XERACIÓN NÓS