Inventario ilustrado de froitas e verduras, reúne un cento de deliciosos e nutritivos bocados: plantas comestibles que se poden tomar crúas ou cociñadas. Froitos, talos, bulbos, raíces, sementes, follas, flores? mesmo produtos -como tés, cafés, marmeladas ou chocolates- que se obteñen a partir das materias primas.
Tampouco faltan especias, fungos e algas. Hainos comúns como as uvas ou as patacas, exóticos como a carambola, ou con nomes tan rechamante como pan de cabra.
Esta obra, baixo a supervisión científica da doutora enxeñeira agrónoma Paule Lacroix, permite distinguir entre o concepto botánico da planta e o termo culinario relativo á súa elaboración para o consumo humano. E sobre todo, contribúe a poñer en valor
a biodiversidade, a sostibilidade e a alimentación saudable.
____
Editorial: Kalandraka 05-2019
Idioma: Galego
Páxinas: 80
INFANTIL A PARTIR DE 8 ANOS
NATUREZA
ALIMENTACIÓN SAUDABLE