Acompaña a Amelia na súa abominable aventura. Non morde!.
Amelia e os seus amigos deben atreverse a saír de Nocturnia, rumbo ó Reino da Luz, para rescatar a fada Raiola. Pero hai terroríficos gatiños anxo e unicornios axexando detrás de cada arco iris. En quen poderán confiar? Serán quen de desenmascarar o verdadeiro vilán que planea dominar o mundo?
Tradución de Moisés Barcia
Laura Ellen Anderson
Cando non está intentando dominar o mundo ou loitando contra os monstros que comen calcetíns, Laura Ellen Anderson (Essex, 1988) é unha autora e ilustradora de libro infantil, cunha crecente adicción ó café. Así pode pasar máis horas esperta, debuxando e creando. Gustaríalle poder vivir na lúa e a súa estación favorita é o outono.
Amelia Fang é a súa primeira serie de libros e xa conta con traducións a máis de vinte linguas
____
Editorial: Sushi book 03-2020
Idioma: Galego
Páxinas: 240
A PARTIR DE 7 ANOS
INTRIGA
MISTERIO
MONSTRUOS
AVENTURAS