XXVIII Premio de Poesía Johán Carballeira.
Un canto colectivo á dignidade, á loita e á permanencia da lembranza fronte ao esquecemento.
Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o poema convértese nun canto colectivo á dignidade, á loita e á permanencia da lembranza fronte ao esquecemento.
Eugénio Outeiro (A Illa de Arousa, 1976) é profesor de Portugués na Escola Oficial de Idiomas de Lugo. Leva publicado poemas soltos en revistas como «Ólisbos», «Agália» ou «Sítio». Publicou os poemarios «Às vezes vida» (2002), «Mordida» (2012) e «Réquiem» (Xerais, 2026).
____
Editorial: Xerais 01- 2026
Idioma: Galego
Páxinas: 88
POESÍA