CELTAS, CASTREXOS E ROMANOS. Á PROCURA DUN PASADO NA HISTORIA DE GALICIA
- O debate sobre o celtismo: Revisa criticamente o concepto de "Galicia celta", explicando que di a arqueoloxía e a historia real fronte aos mitos identitarios construídos no século XIX.
- A cultura castrexa: Describe o modo de vida, a organización social, a relixión e a economía dos habitantes dos castros antes da chegada de Roma.
- O impacto da conquista romana: Analiza o proceso de romanización non como unha asimilación pasiva, senón como un complexo choque e mestura cultural que deu orixe ao nacemento de Galicia como entidade xeográfica e política.
- Rigor e divulgación: Combina os últimos descubrimentos arqueolóxicos cunha linguaxe accesible para o público non especialista.
Un libro para coñecer os que foron considerados os nosos devanceiros.
Onde se sitúan as orixes dos galegos? É esta unha pregunta á que se lle deron respostas moi diferentes dende hai máis dun século e medio. Segundo a época en que nos situemos, os celtas, os castrexos ou mesmo os romanos foron considerados os nosos devanceiros, tal e como podemos comprobar nos textos dos eruditos e historiadores galegos dos séculos XIX e XX. Celtas, castrexos e romanos sintetiza os principais procesos históricos da Antigüidade galaica: a aparición dos castros e as súas transformacións, o papel da guerra na vida social e cultural das poboacións do noroeste peninsular ou as mudanzas que estas experimentaron tras a conquista romana. Todos estes procesos non poden entenderse sen o protagonismo dos distintos pobos que viviron nun espazo xeográfico que sobordaba o actual territorio de Galicia.
Francisco Javier González García (A Coruña, 1960) é Catedrático de Historia Antiga na Universidade de Santiago de Compostela (USC). É un reputado especialista na comitativa guerreira, na mitoloxía comparada indoeuropea e nas sociedades da Idade do Ferro no noroeste peninsular. Coordinou tamén obras de referencia como Los pueblos de la Galicia céltica (2007).
____
Editorial: Xerais 05-2021
Idioma: Galego
Páxinas: 208
HISTORIA
CELTAS
PREHISTORIA