Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

XIRAREI!

€18,00
ISBN 9788412458671

Xirarei! é un percorrido único por Galicia que mestura humor, tenrura e unha fonda admiración pola cultura galega. A través dun itinerario que abrangue os recunchos máis fermosos e emblemáticos da terra, o autor fainos partícipes dunha viaxe onde cada páxina é unha homenaxe ao noso patrimonio cultural. O lector poderá gozar de anécdotas cotiás con moita chispa ao tempo que descobre lugares máxicos, tradicións ancestrais e personaxes entrañables.

Pablo Carreiro celebra unha oda á identidade galega relatada con agarimo e retranca e ofrece unha experiencia que deixará unha pegada fonda no corazón de quen a lea.
Pablo Carreiro é un ilustrador e histo­rietista nado en Vigo en 1985. Sempre foi un apaixonado do manga xaponés, especialmente de Sailor Moon.
Licenciouse en Psicoloxía pola Uni­versidade de Santiago de Compostela e pronto abandonou este camiño para dedicarse ao que realmente lle apaixo­na: a banda deseñada e a ilustración.
En 2019 debutou ca obra Chico!#1 (Li­brospuntocom) contando a vida cotiá do seu alter ego Berto e as súas amigas que continuou explorando en Chico!#2 (Librosindie). Devolveu aos seus per­sonaxes á adolescencia con Chico! Los que van detrás de la fila (Editorial Siete Islas, 2022) e Chico! Lo que me gusta del verano (Editorial Siete Islas, 2024), dous volumes mois especiais nos que a ficción e os recordos persoais entre­crúzanse.
Percorreu o país coa exposición VivaSpice na que celebrou ás súas ama­das Spice Girls e en 2021 publicou Uki­yo! (libros Indie), un simpático libro sobre Xapón e a súa cultura.

____

Editorial: Cuarto de inverno 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 148
XUVENIL