
Xibraltaria é unha fantasía con toques realistas que narra unha historia de aventuras e de espías, parecida a ningunha outra. O xefe de pista do Vanaclocha relata as súas lembranzas sobre este circo desastrado, tapadeira dunha organización clandestina que vela polos intereses da Galiza nos últimos anos da Segunda República española, grazas a unha serie de secretos prodixios.
Calros Solla, nado en Pontevedra en 1971, é profesor de lingua, etnógrafo e escritor. No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios Cerdedo in the Voyager, na dignificación da terra cerdedense. En colaboración co Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca realizou o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009). Ao seu labor investigador e creativo engádese a súa faceta de conferenciante no ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Adoito colaborador da prensa escrita, mantén na internet o blog O Embigo do Becho.
- TEMÁTICA: Comedia, Contemporánea, Galicia, Historia, Humor, Intriga, Narración, Política
Nacho Taibo
Antes de nacer (1949) lonxe do mar, Taibo xa resolvera pousar en Galiza. Mais non se deu liberado da urbe onde caera até que fixo os 27. Daquela xa escribía e publicaba en galego. Cos anos foi dispersando unha manchea de novelas e relatos.
Sociólogo por formación, despois de oficios variados acabou exercendo como profesor de lingua galega. Xurou tornar ao mesmo cando reencarne. Agora vive nas Mariñas da Coruña: onde quería, na beiramar, repasando folios inéditos, que algún inverno darán un bo lume.
____
Editorial: Morgante 02-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 106
NARRATIVA