Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

UN INTRE NO TEMPO. POESÍA REUNIDA 1967 - 2017

€22,90
ISBN 9788411765046

Edición de Teresa Seara

X. L.  Franco Grande adoita incluírse na chamada xeración das Festas Minervais, cuxos trazos distintivos, ademais de nacer entre 1930 e 1940, son estudar na Universidade compostelá, implicarse no galeguismo baixo o liderado de Ramón Piñeiro e apoiar o proxecto cultural de Galaxia.

Nesta Poesía reunida inclúense os seus catro poemarios: Entre o si e o non (1967), O tempo á espreita (1987), Xoguetes do tempo (2015) e o Libro das abandonadas (2017). Un percorrido vital na procura da identidade, dende o existencialismo inicial e o fatalismo ata chegar á paixón e ao desamor, sempre coas inclementes agullas do reloxo do tempo presentes.

Franco Grande, Xosé Luís

Nace en Tebra (Tomiño) no ano 1936 e falece en Vigo no ano 2020. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Vigo a profesión de avogado. En 1978 foi nomeado académico de número na Real Academia Galega e leu o seu discurso de ingreso en 1998. Foi nomeado fillo predilecto do concello de Tomiño en 2011.

En 1967, publicou Entre o si e o non, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro. Autor do xa histórico Diccionario galego-castelán (1968) e do Vocabulario galego-castelán (1972), a súa obra poética publicouse reunida no volume Herdo de memoria e tempo (1987). En 2004, reeditou, ampliado, Os anos escuros, o seu testemuño sobre a resistencia cultural, e, en 2009, Cando o futuro comezaba, a súa correspondencia con Ramón Piñeiro entre 1955 e 1990. En 2013 deu ao prelo o ensaio Outra política para outros tempos e en 2015 o poemario Xoguetes do tempo.

____
Editorial: Galaxia 10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 352
POESÍA