Esta novela está ambientada na época dos desaloxos das Terras Altas escocesas entre 1792 e a década de 1850, cando os terratenentes expropiaron a terra aos pequenos agricultores para sacarlle un maior rendemento co pastoreo de ovellas e obrigaron a poboación a trasladarse á costa para dedicarse á pesca.
O proceso de desaloxo levouse a cabo con grande inhumanidade, e o nome que máis se relaciona con el é o de Patrick Sellar, administrador da duquesa de Sutherland. Con todo, esta non é unha novela histórica, senón un estudo ficticio dunha persoa, unha anciá que viviu toda a vida nos reducidos límites da súa comunidade.
Iain Crichton Smith (1928-1998) foi un poeta e novelista escocés que escribiu en inglés e gaélico. Estudou Filoloxía inglesa na Universidade de Aberdeen e traballou como profesor ata que se retirou en 1977 para dedicarse por completo á escrita. Publicou doce novelas, tres obras de non ficción, once coleccións de relatos e case medio cento de libros de poesía. Foi nomeado oficial da Orde do Imperio Británico en 1980.
____
Editorial: Rinoceronte 09-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 188
FICCIÓN, NARRATIVA
HISTORIA
EUROPA