Como cada noite, a nai de Lúa cóntalles un conto a ela e aos seus irmáns: O lobo comendo a Carrapuchiña, O lobo empachado de Cabritiños… Mais esta vez, a lobeta quere escoitar un de lobas e, tras esta petición, a nai comeza a contarlles a historia de Lola Feroz!
Pablo Carreiro é un ilustrador e historietista nado en Vigo en 1985. Sempre foi un apaixonado do manga xaponés, especialmente de Sailor Moon.
Licenciouse en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e pronto abandonou este camiño para dedicarse ao que realmente lle apaixona: a banda deseñada e a ilustración.
En 2019 debutou ca obra Chico!#1 (Librospuntocom) contando a vida cotiá do seu alter ego Berto e as súas amigas que continuou explorando en Chico!#2 (Librosindie). Devolveu aos seus personaxes á adolescencia con Chico! Los que van detrás de la fila (Editorial Siete Islas, 2022) e Chico! Lo que me gusta del verano (Editorial Siete Islas, 2024), dous volumes mois especiais nos que a ficción e os recordos persoais entrecrúzanse.
Percorreu o país coa exposición VivaSpice na que celebrou ás súas amadas Spice Girls e en 2021 publicou Ukiyo! (libros Indie), un simpático libro sobre Xapón e a súa cultura.
____
Editorial: Cuarto de inverno 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 40
INFANTIL