
Domingo e outras historias de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos á Segunda Guerra Mundial e os seus inicios.
Némirovsky narra historias sinxelas e de xeito moi parco, pero con personaxes cun desenvolvido perfil psicolóxico.
Relatos que nos falan de homes e mulleres ata deixalos espidos ante os ollos do público lector, algún dun xeito sutil, outros fondamente, pero sempre coa intención de amosarnos algo que debemos aprender.
Relatos cheos de maxia e misterio, desas vidas pasadas da infancia e a mocidade, do inexplicable e o realismo irreal, de Finlandia, da revolución bolxevique.
Relatos de mulleres, de nais e fillas, de amigas, de inimigas, de sometidas e daquelas que cren ter poder, do amor, da perda e a soidade.
Relatos de homes, pensamentos dun mundo burgués a piques de ser esnaquizadeo, diñeiro, poder, egoísmo.
Ordenados segundo a ocupación nazi se vai facendo realidade, nunha progresión arrepiante sobre a nosa conciencia nun dos momentos máis escuros da historia recente da humanidade son, en fin, relatos para que aprendamos do pasado e non cometamos os mesmos erros.
Irène Némirovsky (Kiev, 11 de febreiro de 1903-campo de concentración de Auschwitz, 17 de agosto de 1942) foi unha escritora nada no Imperio Ruso que viviu en Francia desde a súa mocidade e escribiu en francés. Foi deportada a Alemaña baixo leis raciais pola súa orixe xudía, a pesar de converterse ao catolicismo en 1939, e morreu en Auschwitz aos 39 anos.
Irène Némirovsky era filla dun banqueiro xudeu ruso, Léon Némirovsky. Foi educada por unha institutriz francesa, de modo que o francés foi practicamente a súa lingua materna; a súa nai, Fanny (1887-1989), non mostrou moito interese por ela. Tamén falaba ruso, polaco, inglés, vasco, finés e yiddish.1 En decembro de 1918, despois de que os bolxeviques puxesen prezo á cabeza do seu pai, a súa familia escapou da revolución rusa e permaneceu un ano en Finlandia. En xullo de 1919, chegaron a Francia. Á idade de 16 anos puido retomar os seus estudos e obtivo en 1926 a licenciatura en Letras na Sorbona. Aos 18 anos comezou a escribir.
____
Editorial: Laiovento 12-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 341
TRADUCIÓNS AO GALEGO
NARRATIVA