Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DINGUIRINDIÑA

€16,95
ISBN 9788482897219

A viaxe de saleta a pandeireta.

Dinguirindiña é a homenaxe que Caldo, o grupo do novo folk galego, lle fai ás mulleres que coidaron e transmitiron a poesía popular e oral ao longo dos anos coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

Dinguirindiña é unha palabra que imita sons musicais e encaixa moi ben co repenique da pandeireta, que é cando se toca axitando ou golpeando coas mans.

Hai moitos anos, as nosas avoas, bisavoas e tataravoas cantaban fermosas cancións mentres traballaban e celebraban festas. Para que esas melodías non se perdesen, unha señora de Suíza chamada Dorothé Schubarth, que quedou marabillada coa música e as paisaxes de Galicia, decidiu recollelas nun libro moi especial: o Cancioneiro Popular Galego. Para escribilo, contou coa axuda do lingüista galego Antón Santamarina.

Este cancioneiro é moi importante para o noso grupo de música, xa que nos nosos concertos tocamos moitas das melodías que están recollidas nel.

___

Editorial: CUMIO 03-2025
Idioma:  Galego
Páxinas: 40
LETRAS GALEGAS 2025
TAPA DURA
INFANTIL: DE 7 A 9 ANOS