«este é o meu libro e escríboo da miña propia man.
neste ano mil oitocentos trinta e un do noso señor fixen quince anos.
non son moi alta, e o meu pelo é da cor do leite.
chámome mary e aprendín a soletrear o meu nome. eme a erre i grego. así é como se escribe.»
Nunha localidade rural británica, Mary ten que abandonar a granxa familiar para coidar da muller do vigairo, gravemente enferma. Alí farase maior, experimentará moitas vivencias e aprenderá a ler e escribir, o que lle permitirá contar a súa historia para atopar sosego.
Nell Leyshon é unha novelista e dramaturga británica, gañadora de varios premios e cunha ampla obra creada para os escenarios e para a radio. A súa peza Bedlam foi a primeira obra escrita por unha muller que se representou no Shakespeare’s Globe.
A súa primeira novela, Black Dirt (2004), foi seleccionada para o Premio Orange e preseleccionada para o Commonwealth Book Prize, e a terceira, The Colour of Milk (2012), gañou o Premio do Libro do Ano do Gremio de Libreiros de Madrid, o Prix de l’Union Interalliée e foi nominada ao Prix Femina.
____
Editorial: Rinoceronte 09-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 186
FICCIÓN, NARRATIVA
HISTORIA
EUROPA