O primeiro día nunha escola asturiana o mestre, castelanfalante, ensina as vogais. O e aparece á vez que un ourizo ocupa o encerado. «Es la e de…». Os guaḥes, sen dubidalo, retrucan: ¡ye la e de curcuspín!
Mario Obrero retrata con este exemplo a convivencia entre as linguas do Estado. Con e de curcuspín está composto por varias cartas de amor á diversidade lingüística e recoñece a admirable tenacidade do galego, aragonés, catalán, aranés, asturiano, estremeño e éuscaro por existiren.
Mario Obrero (Getafe, Madrid, 2003) comezou a escribir con sete anos e publicou as súas primeiras obras na adolescencia: Carpintería de armónicos (XIV Premio de Poesía Joven Grande Aguirre, 2018), Ese ruido ya pájaro (2019), Peachtree City (XXXIII Premio Loewe a la Creación Joven, 2021), Cerezas sobre la muerte (Premio Nacional de Juventud 2023 na categoría de cultura, 2022) e Tiempos mágicos (2024). Compaxina os seus estudos en Filoloxía Hispánica coa escrita e colabora en programas de radio; tamén presentou o programa de Televisión Española Un país para leerlo.
Traducido por Moisés Barcia.
____
Editorial: Rinoceronte 11-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 186
FICCIÓN, NARRATIVA
HISTORIA
EUROPA