Carnívoras e domésticas é un conxunto de historiaseremitas sobre a vida cotiá. É un libro de relatos que se instala no xogo, na liberdade, nos reveses vitais e, sobre todo, no melodrama.Goza del, divírtete, nada é tan serio como aparenta.
Jorge Rodríguez Durán
Nacín no Hospital Xeral de Vigo en outubro de 1993 sendo unha pedra de granito, e ata hoxe.
Polo medio quedei traumatizado coa morte de Lady Di, vin Pasión de gavilanes cinco veces e tamén conseguín graduarme en Lingua e Literatura Inglesas pola USC.
O meu micropoemario O sentido común (@o_sentido_comun) quedou segundo no III Certame Literario Mazarelos. Ademais, publiquei a folla voandeira Manual de estilo en 2019, baixo o paraugas editorial Leite Edicións, e algúns dos meus textos foron incluídos na antoloxía Poesía galega novísima, publicada por Urutau en 2020. No 2021 saíu o meu primeiro poemario COSMO(a)GONÍA (Edicións Fetiche). Agora parece ser que me dedico a contar contos.
____
Editorial: Cuarto de inverno 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 196
NARRATIVA
CONTOS
HUMOR