Achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción. XXIV Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, 2018
Aquí, a procura da identidade individual amparada na masa, superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos...
____
Editorial: Xunta 2022
Idioma: Galego
Páxinas: 69
TEATRO
PAPEL DO TEATRO