Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

UNHA VOLTA AO ANO

€16,00
ISBN 9788413434049

Unha historia que cando termine volverá comezar, pero nada será igual. Unha viaxe a través das estacións para celebrar os cambios grandes e pequenos da vida.

«Unha volta ao ano» proponnos acompañar a unha simpática familia de ratos humanizados na súa vida cotiá, seguindo o ciclo das estacións. Trátase dun relato de estrutura circular para prelectores e primeiros lectores: sen citar os meses, sitúanos a comezos de xaneiro, en pleno inverno, cando predomina a estancia no fogar e a posibilidade de gozar da neve; segue en primavera coa floración e o aumento progresivo das actividades de lecer ao aire libre con outros habitantes do barrio; despois chega o verán coa calor, cos xogos na praia e na piscina; e avanza ao outono coa caída das follas e a volta ao espazo doméstico, para retornar ao tempo invernal, cos encontros arredor das festas do Nadal.

Mariana Ruiz Johnson reúne unha escolma de vivencias propias de cada etapa -dende o anecdótico ata acontecementos destacados- que suceden en distintos momentos -mañá, tarde, noite- e nas que a infancia se recoñece. Esa identificación refórzase cun enfoque narrativo en segunda persoa que apela directamente as lectoras e os lectores, á vez que asistimos ás accións que se desenvolven con breves diálogos. Esa combinación de bocadillos de cómic, textos e páxinas visuais enlazadas coa repetición da frase “e os días irán pasando…” achega ritmo e dinamismo a esta divertida historia: os protagonistas medraron nun ambiente feliz, adquiriron coñecementos e descubrimos cambios no seu círculo familiar.

O colorido dos escenarios, tanto no interior da casa como na natureza, xunto coa expresividade dos personaxes, o humor e a tenrura que desprende cada páxina, completan esta proposta que evidencia a versatilidade creativa da autora.

____

Editorial: Kalandraka 12-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 50
TAPA DURA
INFANIL
PRIMEIROS LECTORES