Verdades como puños y consideraciones. Mis servicios al distrito de Vivero (1935), obra do indiano Justo Taladrid Catá con prólogo do xornalista local Salvador Pérez-Labarta Pillado, constitúe un libelo polémico no que o seu autor intentou xustificar a súa propia conduta, que moitos sectores sociais e institucionais xulgaron e denunciaron con fundadas razóns como obstrucionista no proceso de consecución dun novo grupo escolar para a vila do Landrove, nos anos vinte e trinta do pasado século.
No fragor dese debate público resultaría danado o propio vínculo de Taladrid coa entidade que promovera e representara durante varios lustros e que lle dera boa parte da súa reputación filantrópica, a sociedade de instrución Vivero y su Comarca. Os estreitos lazos políticos do indiano co cacique Soto Reguera e coa ditadura do xeneral Primo de Rivera, así como o seu reaccionarismo ideolóxico, tiveron moito que ver con esa actitude súa de poñer toda clase de obstáculos e reparos a un proxecto que foi acariñado por sucesivos alcaldes de Viveiro (José Santiago Seijo, Eugenio Pérez Abadín, Ramón Villar Ponte…) e pola Asociación de Mestres Nacionais, liderada nesa época no distrito por figuras como Ángel Fraga Orosa e José María Pereda Álvarez. Ambos os docentes escribirían por iso unha réplica ao libelo de Taladrid co título de Pulverizando insidias o verdades como montañas (1936).
ÍNDICE
9 PRESENTACIÓN
Rosario Álvarez
Presidenta do Consello da Cultura Galega
13 PRESENTACIÓN
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
15 ESTUDO INTRODUTORIO
OS CONTROVERTIDOS PERFÍS DUN INDIANO
DA TERRA DE VIVEIRO
Emilio Xosé Ínsua
99 VERDADES COMO PUÑOS
Y CONSIDERACIONES
FACSÍMILE
____
Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Galego