Ir a contenido
📆 Los pedidos realizados durante Semana Santa se enviarán a partir del 23 de abril. 📦 Gastos de envío 3,50€!
📆 Los pedidos realizados durante Semana Santa se enviarán a partir del 23 de abril. 📦 Gastos de envío 3,50€!

O NACIONALISMO KÁRMICO DE VICENTE RISCO

€14,95
ISBN 9788489896734

Vicente Risco, diletante e esnob na mocidade e na madureza, achegouse ás Irmandades da Fala coa única bagaxe que posuía: a Teosofía. Esta circunstancia foi repetida mil veces pola crítica literaria galega, pero ninguén se detivo a analizar, polo miúdo, en qué consistía esa doutrina. Para Risco, os pobos teñen un corpo físico (a súa xeografía, as marcas da historia), un espirito (a súa cultura tradicional) e un karma colectivo (a vontade de ser).

Xeración tras xeración este karma renóvase e cómpre que cada reencarnación expíe os pecados dos devanceiros. Risco tiña para si que os seus amigos e el pertencían á xeración chamada a redimir os pecados contra a Terra Galega, cometidos polos seus antepasados.

Editorial: Laiovento 05-2000
Idioma: Galego
Páxinas: 146 
ENSAIO
NACIONALISMO
RXERACIÓN NÓS