Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

NO LINDEIRO DO BOSQUE. A TRADUCION NOS PRIMEIROS ANOS DE GRIAL

por VV.AA.
€21,50
ISBN 9788411764827

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.
O novo volume desta colección conmemorativa é No lindeiro do bosque, a tradución nos primeiros anos de GRIAL, introdución e escolma ao coidado Tamara Andrés e Ana Luna Alonso.
A tradución en Grial. Revista de Cultura Galega foi un dos seus esteos, e debe ser entendida como unha práctica que procurou a posta en valor dunha lingua e dunha tradición literaria subordinada fundamentalmente ao castelán. Os obxectivos fundamentais desta escolma son os de amosar a vontade de innovación que sempre tivo a publicación dirixida nesa primeira xeira por Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro, así como poñer en valor o seu compromiso coa dinamización de determinados ámbitos da nosa cultura tamén a través da tradución.
É moi salientable o excelente traballo que se fixo na revista na promoción do galego como lingua válida para todos os xéneros a través de obras filosóficas, obras clásicas, contos, pezas de teatro, textos bíblicos, e especialmente textos poéticos. Transitan por esta obra as palabras en galego de Italo Calvino ou de Christina Rossetti, de Ezra Pound ou de Nelly Sachs.

INTRODUCIÓN
Tamara Andrés e Ana Luna..
NO LINDEIRO DO BOSQUE
ESTRELA DO NADAL. Boris Pasternak
CORO DE AQUÉS QUE FORON SALVOS. Nelly Sachs.
POESÍA. Pere Quart ...
PEQUENA MOSTRA DA POESÍA DO CANADÁ FRANCÉS. VV. AA.
Recurso ó país. Jean-Guy Pilon.
Todos e cada un. Saint-Oenys-Garneau ...
Serie fraternal. Jacques Brault
HISTORIA DA CARA MORTA. Yasunari Kawabata...
GRAN FOGO NA ESCOLA DE ARQUITECTURA.
Andréi Voznesenski
A HIENA. Paul Bowles
UN CONTÓ IUGOESLAVO. O SOÑO DE RAJKA. IVO Andrié..
CONTOS DE ALMANAQUE. HISTORIAS DO SEÑOR KEUNER
Bertolt Brecht.........
NOUTURNIO PRA ACORDEÓN. Joan Salvat-Papasseit
POEMA CON NENOS. Nicolás Guillén.
NO LINDEIRO DO BOSQUE. Raymond Queneau...
O DESERTOR. Boris Vian.
IMAXINACIÓN MORTA, IMAXINE. Samuel Beckett.
MEU AMOR, CANDO EU MORRA. Christina Rossetti O PAXARO PANTASMA. Blaise Cendrars.
CARA DE BERGALLAN. Alberto Moravia...
O PAVILLÓN DO HOSPICIO. Lady Gregory
UNHA AVENTURA DE SINBAD O MARIÑO. Bolestaw Lesmian...
A PIPA AO POETA. Tristan Corbière UN SIGNO NO ESPAZO. Italo Calvino .
LXXVIII CANTO PISANO. Ezra Pound ..
POEMAS DA "AFRICANÍA" FRANCESA. ASPIRACIÓN
Jean Joseph Rabearivelo...
CANTO PARA NAET. LEOPOLD Sedar Senghor..
DESAFÍA Á FORZA. David Diop ...


____
Editorial: Galaxia 09-2025 
Idioma: Galego
Páxinas: 220
ENSAIO