Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN

€14,95
ISBN 9788484877172

Levitación, nivel iniciación é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade.

No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde algúns veneran a Alemaña triunfante, abrolla un tenue amor entre Ákira e Isaura, filla daqueles galegos, sobrevoando as abismais diferenzas culturais que o xaponés enfronta con valorosa vontade.

No medio interponse, acaparador, Cholo, irmán da rapaza, un falanghista convencido, aproveitado, chupón e lacazán, tan xermanófilo como para seguir ao minuto a visita do xerarca nazi Himmler. Malia o sentido poético da vida que o oriental desprega, Cholo chega a ser un dos protagonistas desta historia, contra a súa vontade –supoñemos– e a nosa. Mentres o xentil diplomático segue levitando en segredo, en ningún outro lugar que en Galiza.

Despois, a barafunda da Guerra Mundial arredaraos, levando o Ákira moi lonxe, perdido no turbillón tumultuoso da Historia. Sen remisión, aparentemente, pois a loura Isaura e o diplomático seguen camiños moi diverxentes.

Á volta do novo século, superando a distancia no espazo, o sentimento renacerá baixo a forma dunha fiel, honesta e sosegada amizade que non se detén ante océanos nin continentes.

_____

Editorial: Laiovento 03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 102
ENSAIO
CAMOES