Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011 Tras os éxitos rotundos obtidos por Asasinato no Consello Nacional e Dime algo sucio, premio da Semana Negra de Xixón, Diego Ameixeiras consolídase con Historias de Oregón, co seu característico estilo directo e conciso, como auténtico mestre do xénero negro máis contemporáneo.
Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos, desaparece en Oregón. A policía búscaa sen éxito ata que un equipo de mergulladores atopa o seu corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde onde fora tirada ao río tras ser apuñalada. A súa compañeira, Camelia V.P. encóntrase unha vez ao mes cun construtor no motel Trópico. A doutora Carme M. T. esfórzase por atopar as palabras axeitadas cando Rafael B.D. se presenta na súa casa cun ramo de rosas para expresarlle a súa admiración. Aurora P.G., unha doante cero positivo, sofre cada noite a violencia do seu home. Os membros da brigada antiinciendios enfróntanse a esa nube sucia que percorre a ladeira do monte. Eis algunhas das historias que se mesturan nos límites de Oregón, na cidade cero, ese lugar sombrío debuxado pola precariedade e os proxectos truncados pola sorte adversa. Vidas cruzadas de personaxes que viven nas marxes, tramas paralelas que conforman un mosaico incompleto, aínda que representativo das maiores inxustizas e contradicións das sociedades urbanas do noso tempo.
AUTOR
🎓 Formación e Primeiros Pasos Profesional
- Tres segundos de memoria (2006)
- Dime algo sucio (2009)
- Asasinato no Consello Nacional (2010)
- Conduce rápido (2014)
- O cervo e a sombra (2021)
- Un anarquista (2024)
- O derradeiro gimlet (2026)
- Premio Xerais de Novela (2006): Por Tres segundos de memoria.
- Premio Especial do Director da Semana Negra de Xixón (2011): Pola versión traducida de Dime algo sucio.
- Premio Antón Losada Diéguez (2015): Por Conduce rápido.
- Premio da Crítica de narrativa galega (2021): Outorgado pola Asociación Española de Críticos Literarios por O cervo e a sombra.
- Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego (2024): Pola súa calidade como articulista nos medios impresos.
____
Editorial: Xerais 2011
Idioma: Galego
Páxinas: 104
NARRATIVA
NOVELA NEGRA
OURENSE