Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

A CASA DO CALELLO

€15,00
ISBN 9788412904277

Antonietta, filla dun labrego endebedado, casa con don Lucio, un usureiro acredor de seu pai. A súa irmá máis nova, Nicolina, acompáñaa no seu traslado á cidade para que non se sinta soa na súa nova vida, pero o que nun principio ía ser unha curta estadía convértese nunha longa e abafante convivencia en que ambas as irmás se ven sometidas á férrea autoridade de don Lucio.

Maria Messina (1887-1944) naceu en Palermo, aínda que por motivos familiares viviu desde a infancia en distintas cidades, primeiro en Sicilia e máis tarde na península, da que xa non regresaría á súa illa natal. A súa carreira literaria desenvolveuse durante apenas dúas décadas, desde 1909 ata 1928, cando a esclerose múltiple impediulle definitivamente continuar escribindo. Morreu en 1944 en Pistoia, en plena guerra, e a súa figura e a súa obra caeron no esquecemento ata ser rescatadas en tempos recentes.

____

Editorial: Irmás Cartone 06-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 339
NARRATIVA